domingo, 3 de febrero de 2019

Rematamos trimestre! Comezamos ano!

Ola!!!! Seguimos por aquí pero con menos tempo! E que agora as redes sociais son as que mandan. É moito máis fácil para nós compartir as actividades que facemos, e é máis inmediato para vos velas.

Rematou un trimestre cheo de natureza: rematamos o noso proxecto das bolboretas (veredes en breve un google sites para ver todos os proxectos de todos os cursos) e de descubrir un bosque máxico e cheo de posibilidades.

Agora chegou o inverno e con el un novo ano chego de desexos!! Xa estamos pensando que imos investigar!

Como vedes nas redes sociais, construímos a paz, e na aula traballamos con elementos novos, sempre ao noso ritmo. Sen présa pero sen pausa! Aprendemos xogando e xogamos aprendendo.

Como sabedes estamos dentro de Piteas e iso fai que teñamos que innovar e buscar o talento de cada un dos nosos alumnos e alumnas. É por iso que a nosa etapa é fundamental.

Deixovos o enlace das fotos do festival de inverno por se non as víchedes na nosa web. Recordade que o organizaron os nenos. Que non foi un festival de panxoliñas, se non de exposición dos seus traballos de investigación. Sen dúbida moito traballo e moita ilusión!

Premede no link:

Festival de inverno

sábado, 6 de octubre de 2018

Comezamos!!!!

Olaaaaaaa!!! Comezamos! Como sabedes para o noso Proxecto Documental Integrado da Biblioteca as diferentes aulas propuxeron temas. 


De todos eles gañou por votación: animais en perigo de extinción

Unha vez máis cada aula debía escoller que animal en perigo de extinción escolliamos e que formato lle iamos a dar ao noso traballo. 

En infantil sairon bastantes animais:




Pero gañou a tema das bolboretas!!!!
Así que nos poñemos mans ao noso proxecto. En este caso un libro informativo sobre este espectacular animal que estamos a perder as bolboretas arlequín! Podedes axudarnos?

E mentras buscamos información Cris a nosa profe- talismán trouxenos unhas eirugas larpeiras que en breve farán o seu capullo. Viven no fiuncho e delas sae a bolboreta Machaon. Así que aquí as temos e coidamos na nosa clase para ver este fermoso proceso!!!






miércoles, 11 de julio de 2018

Despedida de curso

Agora si que si....despedímonos ata setembro!!! O último día de cole, levamos todos os nosos traballos, puxemos a nosa súper camiseta, e recibimos algunha que outra chuche de parte dos maiores, aos cales fomos a despedir!!!

Tamén despedimos ás compis que marchan para primeiro, aínda que seguiremos a velas no patio!!!







Todas as fotos aquí:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=296

Bo veránnnnnnn!!!!!!!





Máis actividades de fin de curso!!!

Este fin de curso deu para moito, non si?

A ANPA organizou unha tremenda festa!!!! Foi moi  divertido!!! Dámoslles as grazas polo gran esforzo

Aquí tedes todas as fotos:


Tamén fomos de excursión a Sobrado dos Monxes, á Casa do Queixo. Xogamos un montón no exterior con xogos populares, coidamos aos animais e fixemos un bolo de pan. Tamén fixemos unha ruta de sendeirismo. Algún chegou moiiiiiiii cansadooooooo


E como non o noso Museo Arco da Vella



Veña non perdades máis tempo e a velas todas!!!!