lunes, 12 de junio de 2017

Vermes de seda

A clase de 2º ten vermes de seda. Tivemos unha explicación en directo de que comen, e como é o proceso ata que se convirte en bolboreta! Encantounos!!!!



lunes, 5 de junio de 2017

Fomos ao Jofre!

O pasado xoves estivemos no Jofre acompañando aos nosos compañeiros de extraescolares e de 5º e 6º que representaron 2 obras de teatro que estiveron ensaiando todo o curso. Foi moi gratificante ver o ben que o fixeron! Os nosos parabéns para todos eles!!! E tamén a Noe e María por facernos ese decorado tan fermoso!!!!Noraboa!!!!

Maios con AETNA no Pote

Como xa é tradición cada ano celebramos os Maios no Pote con AETNA. Para nós é unha festa moi chula, que desfrutamos moitooooo. Grazas a todos por participar!!!!

Máis fotos na galería do cole:


viernes, 26 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017

O pasado luns 22 celebramos no cole as Letras Galegas. Fixemos unha cerimonia moi bonita. Compañeiros nosos tocaron a gaita e a pandeireta. Cantamos cancións e fixemos lecturas. As familias colaboraron tamén lendo e traendo flores. Despois decoramos o noso bosque continuando co noso proxecto documental integrado da biblio. 

Máis fotos na seguinte ligazón: