Ola!!!! Seguimos por aquí pero con menos tempo! E que agora as redes sociais son as que mandan. É moito máis fácil para nós compartir as actividades que facemos, e é máis inmediato para vos velas.
Rematou un trimestre cheo de natureza: rematamos o noso proxecto das bolboretas (veredes en breve un google sites para ver todos os proxectos de todos os cursos) e de descubrir un bosque máxico e cheo de posibilidades.
Agora chegou o inverno e con el un novo ano chego de desexos!! Xa estamos pensando que imos investigar!
Como vedes nas redes sociais, construímos a paz, e na aula traballamos con elementos novos, sempre ao noso ritmo. Sen présa pero sen pausa! Aprendemos xogando e xogamos aprendendo.
Como sabedes estamos dentro de Piteas e iso fai que teñamos que innovar e buscar o talento de cada un dos nosos alumnos e alumnas. É por iso que a nosa etapa é fundamental.
Deixovos o enlace das fotos do festival de inverno por se non as víchedes na nosa web. Recordade que o organizaron os nenos. Que non foi un festival de panxoliñas, se non de exposición dos seus traballos de investigación. Sen dúbida moito traballo e moita ilusión!
Premede no link:
Festival de inverno
No hay comentarios:
Publicar un comentario