Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de mayo de 2018

Exposición final

Finalmente fixemos uns vídeos para o noso traballo final no museo e fixémoslles unha exposición aos nosos compañeiros. Estabamos moi nerviosos pero saiunos perfecto!!!

Grazas familias por colaborar!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=286


martes, 20 de febrero de 2018

Emocionarte: o enfado de Frida

Tocoulle a Noelia contarnos sobre o enfado e Frida Khalo. Fixoo moi ben cos seus apuntes. Trouxonos un dado das emocións moi chulo co que xogamos moito e unha ficha para debuxar o enfado. Grazas Noelia!!!! Agora toca pintar o noso autorretrato enfadados.





lunes, 15 de enero de 2018

Andy Warhol e a alegría

Comezamos xa o mes pasado o noso proxecto. Tocoulle a Alma falarnos da alegría e do pintor que escollimos para representala Andy Warhol. Aquí tedes as nosas obras de arte deste pintor.






jueves, 7 de diciembre de 2017

Emocionarte: o noso novo proxecto de aula

Pois xa por fin temos o noso novo proxecto. Como estabamos traballando o medo, saiu na votación de aula este tema. Tiñamos un conto moi chulo que se chama o Mounstro de Cores e pensamos que mellor forma de estudar as emocións que a través da arte e dos pintores que atopemos. A cada un de nós tocounos investigar sobre unha cor e un pintor. Xa mandaremos cando lle toque a cada un para que nos conte na aula o que atopou sobre ese tema aos demais. Así que comezamos! Obviamente non remataremos este trimestre pero si empezaremos a investigar moito moito sobre este tema que promete!!!
Esperemos que vos emocionedes coma nós coa arte!