jueves, 7 de diciembre de 2017

Emocionarte: o noso novo proxecto de aula

Pois xa por fin temos o noso novo proxecto. Como estabamos traballando o medo, saiu na votación de aula este tema. Tiñamos un conto moi chulo que se chama o Mounstro de Cores e pensamos que mellor forma de estudar as emocións que a través da arte e dos pintores que atopemos. A cada un de nós tocounos investigar sobre unha cor e un pintor. Xa mandaremos cando lle toque a cada un para que nos conte na aula o que atopou sobre ese tema aos demais. Así que comezamos! Obviamente non remataremos este trimestre pero si empezaremos a investigar moito moito sobre este tema que promete!!!
Esperemos que vos emocionedes coma nós coa arte!







No hay comentarios:

Publicar un comentario