Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017

O pasado luns 22 celebramos no cole as Letras Galegas. Fixemos unha cerimonia moi bonita. Compañeiros nosos tocaron a gaita e a pandeireta. Cantamos cancións e fixemos lecturas. As familias colaboraron tamén lendo e traendo flores. Despois decoramos o noso bosque continuando co noso proxecto documental integrado da biblio. 

Máis fotos na seguinte ligazón:




jueves, 18 de mayo de 2017

Apa/amadriñamentos lectores

Como todos os cursos, facemos esta actividade que tanto lles gusta aos nenos e nenas do cole! os apa/amadriñamentos lectores!Un maior e un pequeno. As súas caras xa o din todo!!!

Premede na foto para ir á galería a ver o resto!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=255

martes, 28 de junio de 2016

Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía fixemos unhas postais ben chulas para mandar á casa. Veu a carteira a buscalas para metelas no buzón xa que eran moitas. Xa chegaron ás nosas casas. Explicounos como era a viaxe desas postais. Encantounos escribir un anaco dunha poesía de Rosalía!




Día Mundial pola Educación

Todos sabemos o importante que é a educación para os nenos e nenas no mundo. E aínda no século que vivimos quedan moitos nenos no mundo sen escola, pola guerra ou pola pobreza do seu país. Reivindicamos este dereito de todos e todas









martes, 3 de mayo de 2016

Apadriñamentos lectores 2016

Este pasado venres aproveitando o bo tempo os e as nenos e nenas máis maiores leron un conto a un ou varios nenos e nenas máis pequenos. Canto nos gusta esta actividade!;-)







jueves, 10 de marzo de 2016

Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía fixemos unhas postais ben chulas para mandar á casa. Veu a carteira a buscalas para metelas no buzón xa que eran moitas. Xa chegaron ás nosas casas. Explicounos como era a viaxe desas postais. Encantounos escribir un anaco dunha poesía de Rosalía!




lunes, 30 de noviembre de 2015

Teatro Narón: O país dos mandóns

O pasado venres fomos ao teatro. Vimos a obra: O país dos mandóns
Estivo moi ben xa que tocou temas como a igualdade de xénero e a non violencia. Rímonos moito moito e ao final viñeron os actores a saudarnos e a sacar unha foto con nós!

Máis fotos en: Teatro


lunes, 13 de mayo de 2013

Contacontos pola Igualdade

O pasado día 8 tievemos unha sesión de contacontos por parte do Concello de fene. Estes contos son para fomentar a igualdade entre homes e mulleres. Desta vez tratou dos xoguetes que moitas veces nós mesmos estereotipamos. O vindeiro mércores teremos a segunda parte. Gustounos moitoooooo!!!!

Premede na foto para ver o resto:


martes, 23 de abril de 2013

Día do Libro nos Casais

Hoxe para celebrar o día do libro os nosos maiores nos leron un conto....encantounos! Grazas Micabigotes pola idea!;-)