Mostrando entradas con la etiqueta Aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de octubre de 2018

Comezamos!!!!

Olaaaaaaa!!! Comezamos! Como sabedes para o noso Proxecto Documental Integrado da Biblioteca as diferentes aulas propuxeron temas. 


De todos eles gañou por votación: animais en perigo de extinción

Unha vez máis cada aula debía escoller que animal en perigo de extinción escolliamos e que formato lle iamos a dar ao noso traballo. 

En infantil sairon bastantes animais:




Pero gañou a tema das bolboretas!!!!
Así que nos poñemos mans ao noso proxecto. En este caso un libro informativo sobre este espectacular animal que estamos a perder as bolboretas arlequín! Podedes axudarnos?

E mentras buscamos información Cris a nosa profe- talismán trouxenos unhas eirugas larpeiras que en breve farán o seu capullo. Viven no fiuncho e delas sae a bolboreta Machaon. Así que aquí as temos e coidamos na nosa clase para ver este fermoso proceso!!!






sábado, 7 de julio de 2018

Lara xa é un ano máis maior!

Antes de rematar o curso celebramos o cumple de Lara! Cumple en xullo pero quería celebralo con todos e todas nós! Pasámolo moi ben!!! Tamén fixemos o noso cumple Montessori e observamos como pasa o tempo dende que nacemos, as voltas que dá a terra ao redor do sol... o paso do tempo! 
Parabéns Lara!!!!






















miércoles, 9 de mayo de 2018

Exposición final

Finalmente fixemos uns vídeos para o noso traballo final no museo e fixémoslles unha exposición aos nosos compañeiros. Estabamos moi nerviosos pero saiunos perfecto!!!

Grazas familias por colaborar!

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=286


martes, 13 de marzo de 2018

Joel e o amor

Tocoulle a Joel enseñarnos algo sobre esta emoción e sobre o seu pintor Leandro Lamas.  Trouxonos ademáis un agasallo moi especial....Grazas!!!!







María e a calma....

María explicounos nun vídeo o que significa a calma...o silencio...a tranquilidade..e tamén que o pintor que lle touco Seurat traballa cunha técnica chamada puntillismo....grazas María!!!!






martes, 20 de febrero de 2018

Entroido

Foi divertidisimo este Entroido de contos, a que si? Grazas á ANPA polo seu esforzo e traballo. Sen elas isto non sería posible. Pois todas as fotos neste enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=277





Emocionarte: o enfado de Frida

Tocoulle a Noelia contarnos sobre o enfado e Frida Khalo. Fixoo moi ben cos seus apuntes. Trouxonos un dado das emocións moi chulo co que xogamos moito e unha ficha para debuxar o enfado. Grazas Noelia!!!! Agora toca pintar o noso autorretrato enfadados.





Incubamos ovos


A semana pasada tivemos unha visita moi especial!!!! Veu Cris e trouxo unha incubadora de ovos. Agora temos ovos de galiña e de codorniz. Aprendemos de onde veñen as galiñas e os coidados que temos que ter cos ovos como temperatura e humidade. Temos un calendario onde imos vendo como vai evolucionando o poliño no ovo. Estamos moi emocionados e agardamos que nos saia algún!!!




Cumple de Carla

O xoves pasado tivemos de cumple a Carla!Xa seis anos!Parabéns wapisimaaaaaaa. Celebramos o cumple con unha merendola e dimos a volta ao sol tantas veces como anos cumple. Trouxo fotos de cando era máis pequena e observamos canto medrou. Pasámolo moi ben!!!!








domingo, 4 de febrero de 2018

Traballando

Aquí nos tedes traballando coa nos mesa de luz. Facemos moitas cousas xogando: sumas, series, palabras.... aprender xogando e xogar a aprendendo




martes, 23 de enero de 2018

Salvamento Marítimo

O pasado mércores fomos andando á base de Salvamento que te os aquí pretiño no polígono Vilar do Colo. Aprendemos moitas cousas!!!!! Encantounos o robot, os buzos e como limpaban as barreiras contra o petróleo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=274









lunes, 22 de enero de 2018

Comezamos a tomar leite no recreo

Como xa sabedescomezamos unha campaña de tomar leite nos recreos da Xunta. Hoxe comezamos moi ben!!!!




Cumple de Noelia!!!

Hoxe cumpleu 5 anos Noelia!!!!! Que rico estaba todo e que ben o pasamos!
Vimos como era Noelia de pequena e como foi medrando. Tamén que a terra tivo que dar 5 voltas ao redor do sol para que pasaran 5 anos. Parabéns moza!!!