Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura-Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura-Biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de octubre de 2017

Mochilas da biblio

Comezamos neste mes o préstamo de mochilas da biblio e tamén o préstamo de libros para levar para a casa. Encantados que estamos!!! Xa botábamos de menos moito a Mica!!!!



lunes, 14 de diciembre de 2015

Hoxe tivemos visita

Hoxe tivemos unha sorpresa! A profe non contou nada porque era un segredo! Veu o Apalpador de visita! Fixemos un baile e deunos caramelos, xa que non lle dera tempo a recoller tantas castañas para tantos nenos e nenas. Ademais o trasno que lle axudaba contounos un conto: Antón e o Apalapador e gustounos moito!

Toda a reportaxe gráfica premendo na foto:

jueves, 2 de abril de 2015

Despedimos o trimestre

Despedimos este curto trimestre co conto sobre o mar que fixemos con Micabigotes a través do email. Todos os días nos enviaba unha pregunta con dúas opcións e nós respondíamos o que pensabamos que debería ser. Así construimos o conto. Levamos a versión conto para a casa co proxecto e tamén temos o vídeo. Canto nos gustou traballar con Micabigotes e o Rato Gordecho!;-)







miércoles, 18 de diciembre de 2013

Conto de Nadal

Con este proxecto de Nadal estivemos facendo un conto coa profe Mª José sobre o Nadal. Ela nos enviaba emails con preguntas e nós lle contestábamos todos os días. Finalmente tivemos que buscar un calcetín polo cole e atopamos nel os contos impresos e un regalo de madeira que nos deixou o Apalpador por facelo tan ben. Grazas a Mª José por axudarnos tanto!















miércoles, 27 de febrero de 2013

Recitamos a Rosalía

O 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Dado que este ano o Día de Rosalía de Castro ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta, a AELG propuxonos que participen da súa iniciativa consistente en facer gravacións en vídeo de lecturas por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos. Estas gravacións, unha vez recibidas na AELG, estarán subidas na webwww.aelg.org (segunda lectura colectiva)de forma que poidan conseguir con todas as achegas unha lectura colectiva íntegra dos Cantares.
Tamén os podedes atopar aquí

Así de ben o fixemos nós:





lunes, 25 de febrero de 2013

A Candeloria

Micabigotes contounos que este mes de febreiro celebrase aquí en Galicia, a Candeloria, é o día no que os paxariños casan e o preludio que está a chegar a primavera. Tamén celebramos o día dos namorados . Así que para celebralo dixo que fixeramos un debuxo para alguén ao que quixeramos moito, e así de fermosos quedaron!









martes, 18 de diciembre de 2012

A nosa gata deixounos as súas recomendacións de lectura para o Nadal

Micabigotes deixounos no seu blog as recomendacións de lectura para o Nadal. Espera que vos gusten moito, e que o vovo Nadal estea cheo de poesía e amor! Bo Nadal!

                                    http://contosebigotes.blogspot.com.es/2012/12/pensando-nesa-carta.html







lunes, 12 de noviembre de 2012

Lectura na biblio


Hoxe tivemos tamén unha visita: veu Noe a mami de Miri a lernos na biblioteca unha fermosa historia...Esperamos que volva máis veces!!!Grazas Noe!!!

martes, 22 de mayo de 2012

Como xa lemos moi ben...

Pois iso que como xa lemos moi ben, neste mes pasado da Poesía, do libro e neste outro das Letras e dos apa/amadriñamentos lectores fomos ler a outras aulas e nos viñeron a ler a nós!
Premede na foto para ir á galería de fotos do cole!


jueves, 3 de mayo de 2012

miércoles, 18 de abril de 2012

3º trimestre: comezamos con Valentín Paz Andrade

E xa chegou o último trimestre. Como sabedes neste trimestre sempre realizamos un proxecto sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, que este ano se adican a Valentín Paz Andrade. Para iso xa fixemos a nota de axuda as familias que quedou así de ben. Grazas pola vosa axuda!!!









lunes, 27 de febrero de 2012

Rosas para Rosalía

Como sabedes o pasado venres celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro facendo flores ou rosas de papel e lendo poesías súas. Foi moi bonito e emocionante. Grazas as familias que aportaron tamén a súa lectura en concreto a Bryan e Noe.


Click to play this Smilebox presentación

domingo, 12 de febrero de 2012

A Candeloria

O pasado 2 de febreiro foi o día da Candeloria, é cando casan os paxariños, significa que estamos xa preto da primavera!E para celebrar este día Micabigotes propúxonos facer unhas caixas de amor para regalar a quen quixeramos pero iso si, cunha poesía de Celso Emilio Ferreiro que está de aniversario. Quedáronnos ben bonitas!Xa nos tarda que remate  a exposición para poder regalalas!!!



Click to play this Smilebox tarjeta

jueves, 1 de diciembre de 2011

Viñeron os maiores a cantarnos e lernos textos de Cunqueiro

Como xa sabedes para celebrar o aniversario do nacemento de Cunqueiro os nenos/as de 3º,5º e 6º prepararon unhas lecturas e unhas cancións para contarnos e cantarnos na hora de ler...Mirade que caladiños estabamos!!!





jueves, 24 de noviembre de 2011

Continuamos con Cunqueiro

Esta vez  expoñemos as receitas galegas que nos enviachedes, que ricas!!!! en honor á obra de Cunqueiro "Receitas"












Álvaro Cunqueiro e O Gatipedro

Neste mes estamos a celebrar na biblio do centro o nacemento hai 100 anos do escritor galego Álvaro Cunqueiro. Unha das historias que lemos foi o Gatipedro "Escola de Menciñeiros"

"   O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz"

Micabigotes invitounos a facer o noso "Gatipedro", o noso ser mítico e fantástico...e así quedaron:

 O Dinorosa de Andrea
 O Fandepato de Clara




 O Isantera de Jennis

 O Frandragón de Miriam

 O Elefango de Rocío

 O Pepesano de Sergio

 O Monotolo de Vanesa

 O Osolume de Jaime