Mostrando entradas con la etiqueta Tics. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tics. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de noviembre de 2011

Rematamos o proxecto atopando o tesouro!!!!

Xa rematamos o proxecto dos Piratas....xa encontramos o Tesouro!!!!Fixemos unha webquest coa profe Mª José e este foi o resultado!
Click to play this Smilebox presentación

domingo, 29 de mayo de 2011

Lemos os contos no Ipad

O venres Andrea probou unha cousa nova, estivo lendo un conto no Ipad e foi moi divertido...psssss silencio que non escoito (póñemos os cascos) e tranquilamente paso as follas do conto "Puaj que noxo" de contoplanet.


sábado, 14 de mayo de 2011

Alfombra máxica

Onte comezamos a escribir utilizando os pés coa nosa alfombra máxica!Foi moi divertido! E aínda que temos moito que practicar aquí vos deixamos unha mostra para que vexades do que somos capaces!




domingo, 20 de marzo de 2011

A profe de Tatiana

O pasado mércores veu de visita a profe de Tatiana (Ánxela), para ver que ben traballaba. Aproveitando a visita Rocío púxose a facer un xogo de facer siluetas e sacoulle ela mesma varias fotos que vos poño a continuación, é toda unha artista!. Quería, tamén darlle as grazas a Ánxela pola súa visita e dicirlle que nos gustaría que nos escribira e nos contara cousas da súa escola, e incluso que nos chame por videoconferencia! ;-)





lunes, 14 de marzo de 2011

A profe aprende de flash!

Ola wapos, a ver se recordades algo de Van Gogh!Estiven nunha escola de maiores do Ministerio e aprendin moitas cousas de flash espero que vos guste o pouco que me deixou poñer aquí.


Podedes descargalo aquí: https://sites.google.com/site/aspegadasdoscasais/VanGoghInfantil.zip

domingo, 13 de marzo de 2011

Onde están os dinosauros?

Rematado o proxecto dos golfiños, pasado xa o Entroido, puxémonos a pensar que é o que queremos aprender, ou sobre que...e como temos moitas gañas de aprender saíron 8 temas. Como cada quen ía votar polo seu, puxemos unha regra: ninguén podía votar polo seu. Así despois dunha primeira ronda quedaron 3 temas para a última votación: Os coellos, os dinosauros, e os leóns. Votamos de novo e este foi o resultado:
Xa está elexido o tema, os dinosaurios e para iso pensamos en facer unha nota para pedir axuda no EDI e despois poder mandala por email. E así foi, ademais fixemos a nosa propia para poñer na axenda 







martes, 1 de marzo de 2011

Usamos as TICS para a búsqueda de información

Pois para averiguar, por exemplo, que golfiños estaban en perigo de extinción. Para iso utilizamos o google. Despois facemos o traballo na pizarra para recordalo!Ollade!





domingo, 19 de diciembre de 2010

As nosas obras de arte

E aquí tedes as nosas obras de arte!Mañá luns inauguramos a nosa exposición no cole, podedes pasar a vela cando queirades. Ademais traballamos no encerado dixital e fixemos outras obras mais coloridas!







martes, 2 de noviembre de 2010

Xogando co Ipad






A profe trouxonos un ordenador novo para xogar, chámase IPAD e é táctil (que se pode xogar coas mans)como o noso encerado dixital pero máis pequeno, gustounos moito e fixemos un debuxos estupendos

lunes, 12 de abril de 2010

Un novo mail para Sofía



Hoxe Sofía estaba moi nerviosa, posto que os seus pais lle escribiran un mail e tíñamos que responderlles. Ollade que ben o fixo!