Rematado o proxecto dos golfiños, pasado xa o Entroido, puxémonos a pensar que é o que queremos aprender, ou sobre que...e como temos moitas gañas de aprender saíron 8 temas. Como cada quen ía votar polo seu, puxemos unha regra: ninguén podía votar polo seu. Así despois dunha primeira ronda quedaron 3 temas para a última votación: Os coellos, os dinosauros, e os leóns. Votamos de novo e este foi o resultado:
Xa está elexido o tema, os dinosaurios e para iso pensamos en facer unha nota para pedir axuda no EDI e despois poder mandala por email. E así foi, ademais fixemos a nosa propia para poñer na axenda
No hay comentarios:
Publicar un comentario