A semana pasada tivemos unha visita moi especial!!!! Veu Cris e trouxo unha incubadora de ovos. Agora temos ovos de galiña e de codorniz. Aprendemos de onde veñen as galiñas e os coidados que temos que ter cos ovos como temperatura e humidade. Temos un calendario onde imos vendo como vai evolucionando o poliño no ovo. Estamos moi emocionados e agardamos que nos saia algún!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario