martes, 13 de abril de 2010

Celebramos o Día do Libro co IES de Fene

Micabigotes e máis o rato Gordecho tiveron unha idea estupenda! Por que non chamamos aos nen@s do IES para que veñan a facer algunha actividade de animación á lectura cos pequenos? Á profe Maribel pareceulle unha idea estupenda e a Loly a profe dos rapaces do IES tamén, así que puxéronse mans á obra e hoxe viñeron facernos unha representación de títeres (que por certo deixaron os preciosos títeres de agasallo na biblioteca que fixeron eles mesmiños). A representación era sobre o conto "Corre, corre cabaciña" da editorial OQO e despois fixemos un baile co mesmo. Gustounos moito así que esperamos que volvan moi pronto a visitarnos!
Micabigotes estaba moi curiosa con isto da celebración do Día do Libro e quería saber por que lemos? así que todos escribimos a nosa resposta nunha plantilla e fixemos un debuxo para que estivera ben contenta!
E vós... Por que ledes?


Esperamos que a Loly e aos seus alumnos lles gustaran os regalos e que volvan moi pronto, aquí vos esperamos!Moitas grazas!!

Aquí tedes o encace ao seu blog, onde encontraredes unha colección de fotos estupenda, non perdades detalle!

2 comentarios:

  1. Vaia sorpresa máis fermosa que nos acaba de dar a Mica Bigotes... Tedes un blog fermosísimo e nós estamos ai, con todos vós, durante unha xornada na que nos divertimos moitísimo.
    Pasámolos tan ben con todos vós que temos moitas ganas de volver, xa veremos se podemos arranxar algo.
    Bicos de mel dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vos Loly!nós tamén o pasamos en grande!!Miañadiñas de todos nós!

    ResponderEliminar