Autor: Xosé Cermeño
Ilustrador: Avi
Conto curto sobre a diversidade e a aceptación
Como xa sabedes, este mes temos no cole 3 sesións de contacontos ofrecido polo Concello de Fene. Esta semana o conto elexido foi:" A miña tía é verde" contado por Marisa Irimia. Este conto fala da historia dunha nena que ten unha tía que é de cor verde. A tía Xuliana, séntese orgullosa de ser verde dende ben pequena. Á nena encántalle xogar coa súa tía e incluso recoñece que ten o seu aquel iso de ser verde...
Todas as fotos na galería da web do cole
No hay comentarios:
Publicar un comentario