domingo, 27 de febrero de 2011

Medimos canto miden os golfiños

Como sabedes, estamos a facer (xa case a rematar) un proxecto sobre os golfiños e o venres quixemos saber cando medían. Así que nos puxemos mans a obra!! Clara puxo no google: canto miden os golfiños? e nos saíron un montón de páxinas sobre golfiños. Nunha delas encontramos que cando os golfiños nacen miden aproximandamente un metro, é dicir miden como Miriam que posou para que vexades como son.
Despois encontramos que cando son adultos e dependendo da raza poden chegar a medir dende 1 metro e medio, para o cal Sergio posou, pero como non nos chegaba tivemos que poñer unha caixa para chegar ao metro e medio...
Finamente, a web tamén poñía que podían chegar ata os catro metros, e así observamos o que tan grande eran os catro metros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario