domingo, 29 de mayo de 2011

Entrevista a Maite a nai de Raquel polo 25 aniversario do cole

O venres veu Maite como invitada para que lle fixeramos unha entrevista, xa que ela veu a este cole cando era nena e queriamos saber se as cousas eran iguais que antes ou non. Na web do cole tedes o resto das fotos no álbum: 25 aniversario_Entrevistas

Fixémoslle moitas preguntas como por exemplo:

- Os encerados eran iguais?
Ela contestounos que si, pero non se deu conta de que nós temos un encerado dixital, e cando o recordou dixo que non, que os que había eran os de xiz
-Tiñades os mesmos mandilóns?
Pois aínda que eran parecidos, só os había rosas e azuis, hoxe en día hainos de moitas cores, son mais divertidos
- A biblioteca era igual?
Non, non estaba pintada igual, nin tiña sofacitos e mobles tan chulos, e tampouco tiña tantos libros
- Os libros dos nenos eran iguais que os de agora?
Pois mais ou menos si
- As pinturas eran iguais?
Si eran as típicas de plastidecor
- Que profes había antes?
Pois non había os mesmos, acórdome da miña titora e do director Alberte, que tamén era o de Educación Física
- Había os mesmos xoguetes?
Non había moitos menos, e xogabamos á goma ou á corda sobre todo.

E moitas mais que fixeron tamén os nenos da clase do lado. Aprendimos moito con ela. Grazas Maite!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario