miércoles, 1 de febrero de 2012

Día da Paz

Como xa sabedes cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. É un día moi importante para nós, aínda que sempre recordamos que non só debe quedar nese día, senón que debemos traballar e desfrutar da paz todos os días. Con motivo desta data, viñeron os nenos de 6º a contarnos un conto a clase, déronnos unha pegatina super chula da paz e construimos xunto cos demais nenos do cole un mural que poderedes ver na entrada. Quedou moiiiii bonito!!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario