Como xa sabedes, na biblioteca deste cole hai unha gatiña chamada Micabigotes. Esta gatiña ten un amigocho que se chama Rato Gordecho e como todos os anos por estas datas invítannos a ir á biblioteca a buscar libros de información, a ler en silencio, a entrar en mundos máxicos de aventuras, a coñecer novas historias e incluso a levar libros para a casa, iso si tratándoos moi ben...Pois como este curso temos dúas pegadas novas na nosa aula (Miriam e Sergio), Micabigotes quixo contarlles a súa historia, para que a coñeceran ben, e mostroulles como eran os carnets da biblio e como tiñan que facer para coller un libro. Ademais tamén levamos as mochilas viaxeiras que comezaron en Sergio e en Rocío. Pasádeo moi ben nesta viaxe!
Que saibades que os rapaces e as rapazas dos Casais que este curso xa están no instituto non esquecen á Micabigotes e ao "seu amigo" e queren envíarvos moitos bicos e desexarvos un feliz curso!!
ResponderEliminarApertas de mel dende Barallobre
Moitas apertas para eles tamén!!!
ResponderEliminar