martes, 2 de noviembre de 2010

O Outono de Arcimboldo

Xa estamos aquí de novo para mostrarvos o que fixemos neste mes de outubro. Chegou o outono e na web do noso cole apareceu colgada unha foto. Preguntámoslle á profe que era, e díxonos que un cadro dun señor que se chamaba Arcimboldo e que facía cadros con froitas de diferentes épocas do ano. Como nos gustou tanto decidimos facer varias cousas: unha saída ao patio da escola a ver a chagada do outono, un mural, unhas caricaturas con froitos que recortamos e ademais encontramos unha web moi chula para traballar no encerado dixital. Ollade que bonito nos quedaron as nosas obras de arte!


No hay comentarios:

Publicar un comentario