lunes, 31 de enero de 2011

Proxecto Os Golfiños

Como xa sabedes, este trimestre decidimos comezar cun proxecto sobre golfiños. Xa temos moitas cousas no noso recuncho de proxectos: Jaime trouxo un montón de libros, fotos, peluches, emails; Vanesa recortes do xornal; Micabigotes videos e contos; Clara un puzzle e como foi onte ao acuario regalounos gomas de golfiños; Mª José trouxonos un peluche que nos di como é o son dos golfiños...pero hoxe tivemos un regalo especial, a profe Tatiana fíxonos unhas chapas de golfiños moi chulas (algunha xa se perdeu polo camiño), ollade!Grazas Tatiana!

1 comentario:

  1. Este é un proxecto moi interesante. O que perdeu a chapa agora está arrepentido e chora por tela. Bikos para tod@s, Noraboa por este proxecto tan bonito.

    ResponderEliminar