jueves, 16 de junio de 2011

Excursión fin de curso a Buño e a Balarés

O pasado martes estivemos de excursión en Buño. Alí fomos ao Ecomuseo Forno do Forte a saber como vivían  antes os oleiros e que facían. Tamén fixemos un obradoiro de barro: piscinas, cestos, tartarugas, tazas...fixemos de todo e o pasamos moi ben!!!!Despois marchamos cara a praia de Balarés (Ponteceso) e alí comimos e xogamos na praia. O tempo non nos acompañou pero a nós non nos importou de desfrutamos moito. Clicade na foto para ir á galería da web do centro.


1 comentario: