jueves, 24 de noviembre de 2011

Álvaro Cunqueiro e O Gatipedro

Neste mes estamos a celebrar na biblio do centro o nacemento hai 100 anos do escritor galego Álvaro Cunqueiro. Unha das historias que lemos foi o Gatipedro "Escola de Menciñeiros"

"   O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz"

Micabigotes invitounos a facer o noso "Gatipedro", o noso ser mítico e fantástico...e así quedaron:

 O Dinorosa de Andrea
 O Fandepato de Clara




 O Isantera de Jennis

 O Frandragón de Miriam

 O Elefango de Rocío

 O Pepesano de Sergio

 O Monotolo de Vanesa

 O Osolume de Jaime

1 comentario:

  1. ¡Pero qué chulada de debuxos!. Miriam, xa sabes que o tío Víctor quere que lle fagas un Frandragón para él, gustoulle moito.

    ResponderEliminar