martes, 14 de mayo de 2013

A escola dos avós e avoas

Hoxe viñeron os avós de Miri a contarnos como era a escola dos avós. Tiñamos moitas preguntas preparadas e quedamos encantados con estes avós! Moitas grazas! O que máis nos impactou foi que non había baño nin grifos e tiñan que facer pis fóra. Contáronnos que non había internet, nin ordenadores, nin fichas e o encerado non era dixital, coma o noso. Non había patio e non tiñan xoguetes. A clase non era tan bonita e só tiñan un profe. Estaban todos xuntos dende os máis pequenos ata os máis maiores e para comprobalo trouxeron unha foto de cando eran pequenos. Pero o que non encantou foi que viñeran a contárnolo a clase! Moitos bicos avós! agora xa sodes un pouco tamén os nosos.Muakissss

Premede na foto para ver as demáis



1 comentario: