jueves, 18 de mayo de 2017

Ferrol en Frores e Correlingua 17

O día 4 de maio e o 12 tivemos 2 celebracións. Na primeira fomos a celebrar os maios a Ferrol en Frores acompañando aos nenos e nenas de 1º que ían cantar. Levamos tamén un maio pequeniño. Alí desfrutamos dos Ghazafellos e de Uxía Lambona e a banda molona que nos fixo bailar moito.
O día 12 fomos ao Correlingua. Como estaba mal tempo anularon a andaina e fomos directos ao Auditorio de Caranza. Alí escoitamos como os nosos compañeiros de 6º lían o manifesto dobre a lingua e despois desfrutamos da actuación de Pablo Díaz que xa coñecíamos porque o tivemos de visita no cole. Foron 2 días estupendos!

Premede na foto para ir ao álbum da galería:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=257

No hay comentarios:

Publicar un comentario