jueves, 18 de mayo de 2017

Visita de Álvaro Illobre

A semana pasada tivemos a visita de Álvaro Illobre e outro compañeiro de equipo. Viñeron a contarnos en que andan traballando agora. Está nun equipo de baloncesto. Explicáronos como é de difícilo encestar e moverse polo campo rápido nunha cadeira de rodas. Hai que ter moita forza nos brazos e traballar moi duro, pero que todo con ilusión e esforzo se se quere se pode conseguir. Foi un deportista paralímpico e encantounos xogar con eles!
Premede na foto para ir ata a galería do cole e veredes as demáis.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/galeria/thumbnails.php?album=256

No hay comentarios:

Publicar un comentario